Arquivo | Plástica RSS feed for this section
Imaxe

Día Internacional do Punto

6 Out

International Dot Day

O curso de 6º celebrou en setembro o Día Internacional do Punto, celebración global da creatividade e a colaboración.

thedot2

 

Co seu titor leron o libro The Dot de Peter H. Reynolds, coñeceron a historia que dende 2009 inspira a persoas de todas as idades a confiar nas súas habilidades.

En Música escoitaron a cancion de Emily Arrow e na clase de plástica realizaron os seus puntos.

 

 

 

MatematicARTE. A harmonía matemática das formas.

3 Xuñ

Un ano máis o EDLG ( Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do CEIP de Sestelo-Baión participa, da man do EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela, no Proxecto Exposicións enREDadas

 

 

PROXECTO DE 1º: PENTÁGONO DAS TERRAS RARAS.

4 Mai



O noso centro, CEIP DE SESTELO-BAIÓN, sitúase no Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra). É un centro que a pesares de ter poucos recursos materiais, conta cun conxunto de profesionais moi implicados, que non dubidan en formarse constantemente no seu tempo de lecer, co fin de aplicar no alumnado aquelas metodoloxías que lle permitan desenvolver ao máximo as súas capacidades.
Neste momento, o centro, leva dous anos iniciándose na metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, na que se está a formar tanto o alumnado como o propio profesorado. É por iso, que trala publicación da “Orde do 23 de xaneiro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo na ensinanza, dirixido o alumnado dos centros educativos de Galicia, e procédese a súa convocatoria pa-ra o ano 2017”, vimos unha oportunidade única de poñer en práctica dita metodoloxía, coa construción dunha maqueta, buscando que tivese unha repercusión para o alumnado máis alá do contexto do propio centro, aproveitando para desenvolver e potenciar: os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.

Así mesmo, pertencendo noso alumnado participante ao primeiro curso de educación primaria e seguindo o artigo 5 “modalidade de actividades artísticas dirixido o alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial”, presentamos a nosa maqueta/traballo GAÑADOR!!! “PENTÁGONO DAS TERRAS RARAS” á “CATEGORÍA B”: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Cun pincel…

21 Out

img-20161018-wa0001

As nenas e nenos de primeiro empezaron a mostrar o que poden facer cun só pincel e xa comenzan a darlle cor ao cole. Coas súas pinturas  expresan  sensacións, gustos, ideas,…sentimentos.

É estupendo velos con que interese crean as súas obras.

Apertura da Exposición “Dúas Illas”

13 Xul

O vindeiro luns, 18 de xullo ás 13:00h, van inaugurar a exposición “Dúas Illas” no Auditorio da Illa de  Arousa.

As alumnas e alumnos de 5º e 6º do CEIP de Sestelo-Baión participou neste proxecto artístico, invitados polo IES San Clemente,  xunto co  IES da Illa de Arousa,  1º EPAL de Ierápetra e con outros  docentes-artistas de diferentes lugares.

Invitámosvos a visitala e a asistir a súa apertura dentro da 2ª edición do Ciclo Atlántico ” O MAR NUNHA FLOR”.

IMG-20160703-WA0000

 

Memoria gráfica do proxecto “Dúas Illas”

27 Xuñ
  • Fomos invitados polo IES San Clemente de Compostela a participar nun proxecto eTwinning xunto cun centro de Creta. Trata sobre as illas de Arousa e Khrysí (unha illa ao sur de Creta).
  • As alumnas e alumnos de 5º e 6º, xunto cos seus titores e mestras doutras áreas traballaron sobre aspectos históricos, culturais e naturais de ambas illas, para finalmente realizar unha fantástica exposición artística .IMG-20160617-WA0006

IMG_20160617_120318 IMG_20160617_121616 IMG-20160614-WA0001
IMG-20160617-WA0018 IMG-20160617-WA0020 IMG-20160617-WA0021 IMG-20160617-WA0022

Cidade de papel

15 Xuñ

IMG_20160615_125932

O alumnado de quinto fixo durante o mes pasado unhas lindas cidades de papel. Aquí vedes un exemplo, realizado por Martina.

Creadores

4 Feb

IMG_20150127_134746 IMG_20150127_134645 IMG_20150127_134624 IMG_20150126_085554

Daslle cartulinas de cores e fan …creacións impresionantes!

PRESS HERE

10 Feb

IMG_20140210_164148 IMG_20140210_165556 IMG_20140210_164625 IMG_20140210_164706

Na nosa 5ª tarde de historias este foi o traballo que fixeron despois de pasar un moi divertido tempo co libro PRESS HERE.

Pequenos artistas

10 Feb

Kandinsky

Os máis pequenos do colexio estivemos coñecendo un pouquiño da obra e vida do coñecido pintor ruso Kandinsky. Entre as actividades que fixemos, recreamos a obra “Cadrados con círculos concéntricos” no noso recuncho dos artistas.

Xuntando os traballos de todos os nenos/as, este foi o resultado.