Arquivo | CIENCIA RSS feed for this section

GALICIA, conservando a Natureza

3 Xuñ

Durante as dúas vindeiras semanas teremos no primeiro andar do  cole a exposición adicada á marabillosa diversidade natural de Galicia.

Estades todos e todas convidados a visitala.

PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS

21 Mai

Queridas familias:

Nesta quincena do mes de maio temos o pracer de convidarvos a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells situada no primeiro piso do cole.
Esta exposición pretende visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.

Un cordial saúdo.

A cor da area

16 Abr

Na biblioteca co cole temos unha fantástica exposición de Areas de Galicia, realizada polo departamento de Ciencias en colaboración co EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Nesta mostra pódense observar as diferentes e variadas areas que forman as nosas praias e a súa localización.

Convidámosvos a visitala.

A Cor da Area

Imaxe

11 de febreiro

11 Feb

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

RECURSOS NATURAIS DE GALICIA

15 Dec

Como xa sabedes, un obxectivo do profesorado deste centro é despertar nas vosas fillas e fillos a curiosidade e o interese por temas que van máis aló do día a día na aula. Por ese motivo o EDLG solicitoulle á Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo a exposición “Recursos Naturais de Galicia”, que por medio de carteis informa de distintos temas relacionados co medio ambiente (distintos tipos de enerxías, materiais que se atopan na natureza, explotacións mineiras…).

Estamos agradecidos de que nos fixesen o préstamo durante todo o mes de novembro, mes da ciencia en galego, e decembro.

Está situada no primeiro andar do colexio e cremos que pode ser de voso interese.

Próximamente, no mes de xaneiro, teremos a visita dun profesor da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, para dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º sobre fontes de enerxía e medio ambiente.

Imaxe

Exposición COIDANDO O NOSO MAR

7 Xuñ

Nesta exposición organizada por CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, formada por cinco paneis, pódese apreciar a incidencia das actividades humanas e os residuos que estas xeran, intentando traballar na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentar as boas prácticas cidadás neste eido, sensibilizando da importancia deste obxectivo desde a máis curta idade.