Arquivo | Arte RSS feed for this section
Imaxe

Día Internacional do Punto

6 Out

International Dot Day

O curso de 6º celebrou en setembro o Día Internacional do Punto, celebración global da creatividade e a colaboración.

thedot2

 

Co seu titor leron o libro The Dot de Peter H. Reynolds, coñeceron a historia que dende 2009 inspira a persoas de todas as idades a confiar nas súas habilidades.

En Música escoitaron a cancion de Emily Arrow e na clase de plástica realizaron os seus puntos.

 

 

 

ARTEspazo Autoestima

24 Xuñ

Neste curso o EDLG participou co alumnado de 5º e 6º na

Exposicións enREDadas 2019 – ARTEspazo Autoestima

Definición de Autoestima: Apreciación que unha persoa ten de si mesma, o que lle permite ter confianza nas súas propias accións e pensamentos. A visión que temos de nós mesmos axúdanos ou entorpécenos. Para facer unha cousa temos que crernos capaces de facela. Que cualidades che fan ser especial e poderías potenciar? Que sabes facer?

Proposta cooperativa dos EDLGs do IES San Clemente, IES de Poio, IES Leliadoura e CEIP de Sestelo-Baión.

 Cartel exposición
 Exposición ARTEspazo Autoestima (centros galegos)
 Exposición ARTEspacios Universidade Autónoma de Madrid
 Galería virtual
 Catálogo
 Exposición no IES San Clemente

Conta co patrocinio da International Society for Education through Art (InSEA) e está integrada no proxecto da Universidade Autónoma de Madrid ARTEspacios levado a cabo con motivo da VIII Semana da Educación Artística UNESCO.

Imaxe

PROXECTO DE BIBLIOTECA: A PITA EN FRANCIA

13 Mar

O alumnado está realizando diversas actividades en relación co proxecto  da biblioteca do centro.

Imaxe

Frank Lloyd Wright

13 Mar

A casa da cascada foi unha das obras do arquitecto estadounidense Frank Lloyd Wright.

Estes traballos foron realizados polo alumnado de quinto durante.

Imaxe

Exposición de buxainas

19 Out

Os vindeiros días 29, 30 e 31 de outubro faremos unha exposición de buxainas artísticas. Segue as indicacións do cartel e participa!!!!

Contamos contigo!!!!!