Arquivo | Decembro, 2018

NADAL 2018

15 Dec

Xa están chegando ao cole numerosos renos!!!!!!, alegres, curiosos,…enchendo de cor a entrada e a nosa magnífica árbore de Nadal.

20181214_121919

RECURSOS NATURAIS DE GALICIA

15 Dec

Como xa sabedes, un obxectivo do profesorado deste centro é despertar nas vosas fillas e fillos a curiosidade e o interese por temas que van máis aló do día a día na aula. Por ese motivo o EDLG solicitoulle á Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo a exposición “Recursos Naturais de Galicia”, que por medio de carteis informa de distintos temas relacionados co medio ambiente (distintos tipos de enerxías, materiais que se atopan na natureza, explotacións mineiras…).

Estamos agradecidos de que nos fixesen o préstamo durante todo o mes de novembro, mes da ciencia en galego, e decembro.

Está situada no primeiro andar do colexio e cremos que pode ser de voso interese.

Próximamente, no mes de xaneiro, teremos a visita dun profesor da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, para dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º sobre fontes de enerxía e medio ambiente.