Arquivo | Xuño, 2018

Os nenos e nenas de 2º gañan por segunda vez consecutiva o “CERTAME DE COOPERATIVISMO NO ENSINO 2018” co proxecto “DIXITALIZACIÓN DO PENTÁGONO DAS TERRAS RARAS”

17 Xuñ

 

Os nenos e nenas de 2º curso volveron a triunfar neste Certame a nivel galego, conseguindo un premio en metálico de 1.500 euros, unha representación teatral para todo o centro titulada “A máquina do tempo” de Teatro Ghazafelhos e a entrega dun diploma por parte do Xefe Territorial da Consellería de Economía en Pontevedra, Ignacio Rial, e o alcalde, Gonzalo Durán.

 

20180611_122758

Galería

Participación no PLAN PROXECTA, Modalidade “XOGADE”. Algunhas imaxes do noso alumnado.

10 Xuñ
Galería

Participación no PLAN PROXECTA, Modalidade “ALIMÉNTATE BEN” (froitas na escola e lácteos na escola). Algúns traballos do noso alumnado.

9 Xuñ
Imaxe

Exposición COIDANDO O NOSO MAR

7 Xuñ

Nesta exposición organizada por CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, formada por cinco paneis, pódese apreciar a incidencia das actividades humanas e os residuos que estas xeran, intentando traballar na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentar as boas prácticas cidadás neste eido, sensibilizando da importancia deste obxectivo desde a máis curta idade.

MatematicARTE. A harmonía matemática das formas.

3 Xuñ

Un ano máis o EDLG ( Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do CEIP de Sestelo-Baión participa, da man do EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela, no Proxecto Exposicións enREDadas

 

 

MAIO 2018

3 Xuñ