Arquivo | Maio, 2017

PROXECTO DE 1º: PENTÁGONO DAS TERRAS RARAS.

4 Mai



O noso centro, CEIP DE SESTELO-BAIÓN, sitúase no Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra). É un centro que a pesares de ter poucos recursos materiais, conta cun conxunto de profesionais moi implicados, que non dubidan en formarse constantemente no seu tempo de lecer, co fin de aplicar no alumnado aquelas metodoloxías que lle permitan desenvolver ao máximo as súas capacidades.
Neste momento, o centro, leva dous anos iniciándose na metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, na que se está a formar tanto o alumnado como o propio profesorado. É por iso, que trala publicación da “Orde do 23 de xaneiro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo na ensinanza, dirixido o alumnado dos centros educativos de Galicia, e procédese a súa convocatoria pa-ra o ano 2017”, vimos unha oportunidade única de poñer en práctica dita metodoloxía, coa construción dunha maqueta, buscando que tivese unha repercusión para o alumnado máis alá do contexto do propio centro, aproveitando para desenvolver e potenciar: os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.

Así mesmo, pertencendo noso alumnado participante ao primeiro curso de educación primaria e seguindo o artigo 5 “modalidade de actividades artísticas dirixido o alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial”, presentamos a nosa maqueta/traballo GAÑADOR!!! “PENTÁGONO DAS TERRAS RARAS” á “CATEGORÍA B”: ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.