Arquivo | Marzo, 2017

PROXECTO OLIMPÍADAS

19 Mar

Con motivo das pasada olimpiadas, Brasil 2016,  decidimos comezar un proxecto dende a biblioteca de centro e orientalo cara á preparación das olimpiadas Xapón 2020.

 

O pulpo Simón, a nosa mascota, anduvo argallando das súas e deixou ciscados polo patio os 5 aneis que forman a insignia dos xogos olímpicos. Cando os rapaces os atoparon comezaron a facer cábalas sobre o que poderían representar estes aneis, para que servirían …

Días despois recibimos un correo electrónico onde Simón poñíanos ó tanto de que ía a historia, pedíanos axuda para investigar sobre as olimpiadas e ademais encomendábanos algunha que outra tarefa para á preparación da súa viaxe a Xapón.

 

Os resultados das investigación foron moi bos, cada aula colaborou e a información quedou completísima. Grazas a exposición oral que fixeron os nenos e nenas de cada clase todos poidemos aprender moitas cousas que descoñecíamos.

Ahora podedes visitar a exposición con toda a información no hall do noso cole.

Estades invitados!

 

Chegou o entroido e como non podía ser de outra maneira Simón tivo unha gran idea. Pediunos que celebrásemos a gala inaugural das olimpiadas. Para iso, cada aula escolleu un país e elaborou a súa bandeira, un traxe representativo e escolleu unha canción para o desfile.

3 e 4 anos: Tanzania

5 anos: México

1º e 2º de E.P.: China

3º de E.I.: Australia

4º de E.P: Italia

5º de E.P: Francia

6º de E.P: Escocia

 

O resultado foi boísimo!!

 

 

Estrenos de cine

19 Mar

As alumnas e alumnos de 3º recoméndannos nun gran e colorido cartel unha ducia de películas, estrenos deste ano 2017.

Preséntannos unhas fichas técnicas que fan difícil decidirse por unha soa.