Arquivo | Decembro, 2011

CULTURGAL

2 Dec

No fogar da cultura galega que é Culturgal os máis pequenos da casa teñen un cuarto propio. Un espazo vistoso e alegre, cun recuncho para a lectura, unha área de traballo na que poñer a proba a súa creatividade e un escenario polo que pasarán propostas de todas as disciplinas sen deixar un momento para o aburrimento.

Culturgal reforza a súa programación familiar cun Cuarto dos Nenos repleto de actividades .

http://www.culturgal.com/nova_culturgal.php?id=1123

http://www.flickr.com/photos/culturgal/6358036747/

 

GRAN FESTA DE MAGOSTO

2 Dec

Moito sol, pouco frío, moito lume, pouco tempo, moitos xogos e …MOITAS GANAS DE CASTAÑAS.