Arquivo | Novembro, 2011

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

8 Nov

O pasado día 4 celebrouse o Día da Ciencia en galego coa intención de poñer en valor o uso do galego no ámbito científifico.

Conmemórase tamén o papel das mulleres na ciencia .Dous nomes a destacar neste ano son Marie Curie como primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química) e María Wonenburger, matemática galega homenaxeada que creou unha importante escola internacional de Alxebra.