Arquivo | Xuño, 2010

FESTIVAL FIN DE CURSO 22 XUÑO 2010

24 Xuñ

FESTA ANPA

24 Xuñ

18 DE XUÑO DE 2010

VIGOZOO XUÑO 2010

23 Xuñ

VIAXE POLA RÍA DE AROUSA

22 Xuñ

Neste terceiro trimestre os nen@s de 6º embarcamos no peirao de Vilanova rumbo a Ría de Arousa. O patrón do barco “Trepa” explicounos que o barco tiña 50 anos pero arranxouse para levar pasaxeiros; non podían ir máis de 18 persoas. Contounos algunhas historias vividas por el mesmo. Antes os barcos enchíanse de peixe e durmían por turnos, mentres uns descansaban outros traballaban, a isto chamábanlle “a cama quente”. Os barcos levaban a bordo un rapaz que facía as tarefas rutinarias.
Visitamos unha batea onde puidemos observar como extraían o mexilón e alí explicáronnos que en Galicia había unhas 1.500 bateas , todas do mesmo tamaño. Para suxeitalas ó fondo colocaban o morto (pedra de gran peso)e para manter a estabilidade colocaban bidóns de auga.Só podían extraer uns 350 Kg diarios e nese intre estaban traballando uns bateeiros.
Tamén nos ensinaron unha carta náutica e o funcionamento do GPS.
Foi unha visita moi didáctica onde aprendimos moitas cousas do noso entorno.

LETRAS GALEGAS 2010

22 Xuñ

SEMANA DO LIBRO ABRIL 2010

4 Xuñ

FOI UNHA SEMANA DIFERENTE E MOI DIVERTIDA. HOUBO UNHA GRAN PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO.

Visita de 5º a Illa de Ons

2 Xuñ

ESTA ACTIVIDADE ESTIVO MOI BEN ORGANIZADA E RESULTOU MOI ATRACTIVA PARA TODOS. APRENDEMOS MOITAS COUSAS QUE DESCOÑECIAMOS.

PARQUE DE BOMBEIROS

2 Xuñ

O 15 de marzo o cole fixo unha visita ao Parque de Bombeiros. Tódolos rapaces e rapazas aprendimos moito da súa laboura e pasámolo moi ben.