Arquivo | Xuño, 2009

FIN DE CURSO XUÑO 2009

30 Xuñ

O último día de clase organizouse un grandioso festival de fin de curso onde participaron todolos alumnos e alumnas. Cantamos, bailamos, interpretamos, escenificamos e despedimos aos alumnos e alumnas de 6º.

Gran Festa ANPA

30 Xuñ

O 18 de xuño a ANPA organizou unha gran festa para todolos rapaces da escola. Contrataronun grupo de animadores : pallasos-malabaristas.

Fixeron actividades de contos, xogos, globoflexia, cancións, maquillaxe,…rematando cunha opípara merenda para todolos nenos e nenas.

XOSÉ LOIS VILA FARIÑA

29 Xuñ

O 17 de xuño os alumnos de 4º,5º e 6º  tiveron unha charla de Xosé Lois Vila Fariña sobre a historia da nosa localidade, Baión, con anécdotas e cun interesante coloquio.

CONTACONTOS

29 Xuñ

O día 27 de maio poidemos disfrutar dos contaconcos que a Ed. Kalandraka enviou ao cole.

APÍPOLIS

29 Xuñ

A visita a Apípolis foi un éxito xa que os alumnos coñeceron de preto o mundo das abellas: que comen, onde viven , como se organizan e que produtos se obteñen delas. Tamén amasaron unhas galletas elaboradas co mel e fixeron unhas velas coa cera.

XA TEMOS COMEDOR

24 Xuñ

O empeño das nais/pais da ANPA fixo posible que o comedor empezase a funcionar este curso, xa que a Consellería de Sanidade e a Delegación de Educación pospoñían a apertura para o vindeiro curso.

Ten moi boa aceptación xa que os menús son atractivos, saborosos e, sobre todo equilibrados , e seguirá na mesma liña no futuro.