Arquivo | Abril, 2008

PLANTAMOS ÁRBORES O 4 DE ABRIL

29 Abr

O venres 4 de abril,dedicámonos a repoboar o noso xardín coas seguintes especies:
pradairos, bidueiros e un carballo. Colaboramos todos cavando,plantando e regando.
Esperamos que medren moito e nos den boa sombra.

“COÑECER OS NOSOS MONTES”

7 Abr

os-nosos-montes.bmpO pasado venres 4 de abril , as nenas e nenos do 3º Ciclo participamos nunha actividade organizada pola Comunidade de Montes veciñais en Man Común de San Xoán de Baión .O motivo era celebrar o do Día Internacional da Árbore , que foi o oficialmente o 21 de marzo.

Saímos do cole e fixemos unha marcha a pé pasando polo monte do Castro ata chegar ao lugar de Montecelo. Alí despois de escoitar unhas breves explicacións , cada un de nós plantou un carballo.

Logo da camiñata e da plantación repuxemos forzas cunha saborosa merenda , que agradecemos á Comunidade de Montes.

Foi unha xornada ao aire libre na que disfrutamos da beleza da nosa paisaxe.

Un segundo premio en Bucarest

7 Abr

Os alumn@s que o curso pasado estaban en 4º de Primaria , participaron baixo a coordinación da mestra Belén Junquera no programa eTwwinning. O seu proxecto era “Kids hands in hands” e nel tamén participaban outros sete centros europeos.
Recibimos con moita emoción a noticia de que o noso Centro estaba entre os finalistas na súa categoría.
A prensa tamén se interesou por esta nova que saiu publicada na Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Tivo repercusión na tele , cunha pequena reportaxe emitida en Tele Salnés onde entrevistaron tanto aos nen@s participantes como á mestra responsable do traballo.
Ao Centro chegaron felicitacións de diferentes organismos.
A entrega de premios tivo lugar en Bucarest (Rumanía)durante a Conferencia anual eTwinning do 14 ao 16 de marzo.Entre os asistentes estivo Belén Junquera.
Aínda que primeiro premio foi parar a outras mans , para os nen@s de Sestelo-Baión o feito de quedar de segundos na súa categoría xa foi toda unha vitoria.
Parabens para todos eles!

Poden ver máis información en:
http://www.sip.be/sTAManD/feelings/kidshandinhand.htm(información e imaxes sobre o proxecto “Kids hand in hand”)

http://etwinning.cnice.mec.es/noticias/index.php?4&0 (información na web eTwinning sobre os premios)

PODEDES VER A ENTREVISTA DE TELESALNÉS NO SEGUINTE ENDEREZO

http://etwinning.cnice.mec.es/ideas/entrevista09.php