Día Internacional do Punto
6 Out
O curso de 6º celebrou en setembro o Día Internacional do Punto, celebración global da creatividade e a colaboración.
Co seu titor leron o libro The Dot de Peter H. Reynolds, coñeceron a historia que dende 2009 inspira a persoas de todas as idades a confiar nas súas habilidades.
En Música escoitaron a cancion de Emily Arrow e na clase de plástica realizaron os seus puntos.
ARTEspazo Autoestima
24 Xuñ
Neste curso o EDLG participou co alumnado de 5º e 6º na
Exposicións enREDadas 2019 – ARTEspazo Autoestima
Definición de Autoestima: Apreciación que unha persoa ten de si mesma, o que lle permite ter confianza nas súas propias accións e pensamentos. A visión que temos de nós mesmos axúdanos ou entorpécenos. Para facer unha cousa temos que crernos capaces de facela. Que cualidades che fan ser especial e poderías potenciar? Que sabes facer?
Proposta cooperativa dos EDLGs do IES San Clemente, IES de Poio, IES Leliadoura e CEIP de Sestelo-Baión.
Cartel exposición
Exposición ARTEspazo Autoestima (centros galegos)
Exposición ARTEspacios Universidade Autónoma de Madrid
Galería virtual
Catálogo
Exposición no IES San Clemente
Conta co patrocinio da International Society for Education through Art (InSEA) e está integrada no proxecto da Universidade Autónoma de Madrid ARTEspacios levado a cabo con motivo da VIII Semana da Educación Artística UNESCO.
Proxectos eTwinning 2018-2019
24 XuñNeste curso participamos en dous proxectos eTwinning:
Letras Galegas 2019 – Antón Fraguas Fraguas
Ed Twinning, The Time Reporter
En ambos proxectos participaron o alumnado de 5º e 6º. No primeiro na actividade de creación de marcapáxinas logrando un accésit.
- Runner-up: Claudia Maneiro Martínez – CEIP de Sestelo-Baión, Vilanova de Arousa.
https://twinspace.etwinning.net/76369/pages/page/471111
No segundo proxecto Projeto Etwinning 2018/2019
”Ed Twinning – The Time Reporter ”
Coordinadoras: PORTUGAL (Delfina Casalderrey) & POLAND (Ewa Michalek
https://twinspace.etwinning.net/70806/home
participamos en todas as actividades do proxecto:
Ed Twinning é un xornalista novo que recibe do seu tío Tim, un famoso científico, unha herdanza inesperada: unha pequena casa de campo. Con sorpresa, descobre a última invención: unha máquina do tempo. Ademais da máquina, o tío aínda lle daría un diario con varias indicacións e unha nota cunha mensaxe estraña. Ten así idea de viaxar no tempo para lograr exclusivas con importantes personalidades vinculadas á historia, arte, ciencia, etc. de Europa.
Os nosos alumnos axudarán ao novo xornalista e embarcarse nesta fantástica aventura … terán que investigar, preparar a entrevista e o tempo de viaxe.
Idades: 10/15 anos
Número de estudantes:> 100
Idioma: inglés
Disciplinas: Historia, lingua estranxeira, portugués, ciencia, artes, cidadanía, …
Ferramentas de comunicación: correo electrónico, twinspace, Facebook, BLOG, foro, ferramentas web , PowerPoint, fotos, imaxes, debuxos, enquisas en liña, ….
OBXECTIVOS:
Con este proxecto preténdese que o alumno desenvolva a formación en comunicación escrita e oral, non só na lingua materna senón tamén nunha lingua estranxeira, cidadanía, expresión cultural
e artístico e TIC. Os alumnos compartiron as súas “entrevistas” nun BLOG que é visible no Twinspace. Tamén presentaron outros textos e obras, compartindo información sobre o seu país en diversas áreas. Buscaron conexións, semellanzas e diferenzas, creando varios traballos de colaboración cos compañeiros. Como futuros
cidadáns, reflexionarán sobre os valores europeos, a identidade europea e importancia da sociedade multicultural. Na súa investigación sobre países socios aprenderon a usar ferramentas web, presentar e compartir traballos e opinións.
Aprenderon o importante que é non só colaborar no traballo dos compañeiros, como no produto e a avaliación das distintas actividades.
Espazo INFORMATIVO EDLG
10 Xuñ
Temos un fantástico ESPAZO CON INFORMACIÓN INTERESANTE PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA situada na entrada principal do centro.
Invitámosvos a deixar información que poidades atopar de actividades culturais, deportivas, concertos, guías turísticas, roteiros, exposicións … e que vexades que pode interesar ao alumnado do noso centro e ás súas familias. Moitas gracias.
PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS
21 Mai
Queridas familias:
Nesta quincena do mes de maio temos o pracer de convidarvos a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells situada no primeiro piso do cole.
Esta exposición pretende visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.
Un cordial saúdo.
A cor da area
16 Abr
Na biblioteca co cole temos unha fantástica exposición de Areas de Galicia, realizada polo departamento de Ciencias en colaboración co EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Nesta mostra pódense observar as diferentes e variadas areas que forman as nosas praias e a súa localización.
Convidámosvos a visitala.